XONDO
  DICCIONARIO CÓMICO
 
      Extracto do diccionario-ensaio cómico e metafórico, incluído no libro Desnaturalismo de Xondo. Traducción do castelán.

Absurdo: O que fai o destro mailo zurdo.

Abondante: O que lle falla ó camiñante.

Accesorio: En política, o electorado, e no asilo, o tío Gregorio.

Acomodador: Vendedor de enchufes ó por maior.

Acorralamento: Estado que sufro eu e todo o meu reximento.

Acracia: Estado maior de gracia.

Acristianar: Abrir novos camiños pra que Santiago volva a camiñar.

Actividá: Conxunto de cousas que o home fai cando descansa da tele e do ordenador.

Actor: Profesional da mentira. Político.

Actualizar: Pintar un novo cadro das Meninas. Agrandar os zapatos da primeira comunión para usalos no divorcio.

Adaíl: Individuo seguido por xentes que queren ir, pero non saben cómo nin a ónde.

Administración: Niño de vampiros en acción.

Admiración: Sensación de benestar que sinte o megalómano, o egocéntrico, o narciso, e… ¡xa non quedan máis na nación!

Adolescente: Aprendiz de mala xente.

Adormecedor: Conferenciante, cálate, por favor.

Aduaneiro: Arrédate, merdento porteiro.

Advento: Época do ano na que, nos campos de batalla óese unha de canóns, unha panxoliña e outra de canóns.

Aerodinámica: Ciencia que estuda o movemento das promesas dos políticos no aire.

Aférese: Vicio do latriqueiro que consiste en resumir para dicir máis.

Afonía: Defecto que, se o tivéramos moitos, sería virtú.

Agardador: Un amigo meu de 1’37 m. de estatura, sen fortuna nin ordenador, que agarda contestación a unha carta que remiteu con fotografía de corpo enteiro, fai xa unhos doce anos, a unha princesa de 1’78 m. de estatura.

Agnóstico: Se soupera quén son, sabería se o son.

Agraciados: Sómolo todos antes de estudar para avogados.

Agradecido: Síntese un amigo meu a quén a administración deu por desaparecido.

Agregado: Un home de estado asociado con outro home de estado forman dous homes de estado.

Agresión: Deporte que se practica no parlamento durante a sesión.

Agresor: Parlamentario que da.

Aguerrido: Dise do comandante que, dende o despacho, dirixe co móbil a batalla mentres ve o partido.

Aire: Antigamente, fluído inodoro, transparente e insípido que respiraban no Zaire.

Alborotador: Pan de gobernador.

Aldea: Antigamente, pobo pequeno, sen autobuses, pero con güevos, gaitas e capós de lea.

Algo: É algo.

Alteza: tratamento que recibimos algús membros da realeza.

Amañados: Os certames mailos preñados.

Amplitú: O home réstalle ó planeta esta virtú.

Anacoluto: Artimaña verbal que usa o político co propósito de non ser comprendido en absoluto.

Anacoreta: Relixioso que nas artes da convivencia usa unha boa treta.

Androlatría: Convertir a humás en estrelas é dalgús esta manía.

Anestesia: Remedio para quitar sen producir dor. Esta ciencia descoñécena os ministros de toda a Polinesia.

Anhelo: Riqueza de pobres e ricos.

Ánima: Alma en exame de selectividá.

Anormalidá: Calidá de case todo o que fai a Humanidá.

Antigallas: Dar a teta ó neno e perseguir canallas.

Antimilitarista: Frente a tantas pistolas, nin o artista.

Antimonárquico: ... confésome, sempre e cando non sexa eu o monarca.

Anual: Dise do imposto que aínda non é mensual.

Anxo: Ministro do Estado Celestial no exilio.

Apagadores: De incendios, algús non son os autores.

Apalabrar: Verbo tan anticuado coma camiñar.

Apaixoado: Recemos unha oración a Afrodita pola alma de quen non o sexa no amor e no senado.

Aprender: Xogo no que ninguén apunta un tanto no seu haber.

Arcebispo: Comandante de recaudadores do Estado Vaticano.

Armada: Compañía de matadores mariños moi estimada.

Armeiro: Do demo, cociñeiro.

Armisticio: Descanso pra merendar e preparar un novo suplicio.

Arraigado: Dise de quen leva 65 anos na xefatura do estado.

Arrapazados: Aplícaselle ós papás de tódolos estados.

Arrincadores: Case todos producen dores.

Arte: Obra humana non funcional que, situada nun vertedoiro de lixo, e sen coñecer ó seu autor, me levaría pra casa.

Augafestas: Político que presenta a outro unha moción de censura. Cónxuxe que chega a casa antes da hora prevista.

Augaventos: Un veciño meu, un pouco excéntrico el, ó que se lle dou por construír unha casa sen portas nin ventás.

Autobiografía: Xeneriño literario de, ó menos, un lector.

Autocracia: Goberno do que eu sería partidario sendo miña a gracia.

Autocrítica: Xuízo imparcialísimo, ísimo, ísimo…

Autodeterminación: A máis xusta determinación.

Autodidacta: Dise de quen posúe unha instrucción intacta e exacta.

Autoridá: Dereito a gobernar que as pistolas propician á barbaridá.

Babel: Parlamento.

Be: Onomatopeia da voz humana.

Ben: O propio mailo alleo son o mesmo, Amén…

Berces: Hainos de palla, feitos no chao, e altos ou nobres. Os últimos son menos aconsellables, sempre se cae o neno.

Bombardeiro: ¡Ave María Purísima! Se nos tira algo, que non sexa máis que a merda do piloto. Cociñeiro do Demo cuia especialidá consiste nun puré feito a base de carne humana con sangue e ósos incluídos (pode ser neno), formigón moído, uranio triturado, cabelos de rata e un pouquiño de mostaza.

Bombas: Canicas dos anxos da morte.

Bondadoso: O anteface do político, do mercader e do relixioso.

Borroso: O pasado dalgús e o futuro de calqueira esposo.

Branco: Na guerra, idiota de calquera cor.

Caduca: A chama e a leña.

Cafetería: Basílica predilecta dos cristiás de Muxía e de Almería..

Cagada: Palabra de parlamentario e pan da súa criada.

Calidá: Érase unha vez un capón de curral. Érase unha vez unha fonte de auga potable. Érase unha vez un raposo capaz de roubar corenta galiñas nunha noite. En fin, érase unha vez un loro que, cando imitaba ó home, daba gusto oílo.

Canón: Imaxinádevos entre dous exércitos inimigos nun campo de batalla, vendo como os seus respectivos canóns se disparan pola culata, alcanzando de cheo á súa propia Plana Maior. ¡Veña, pechémolos ollos e concentrémonos! ¿A qué resulta divertido?

Caricatura: Éo o neno canoso do que baitizou o cura.

Carne: Ó león, a do camelo, e ó canón, a do plebeio.

Casca: De ovo, espazo suficiente para introducir o contido de toda a nosa máscara.

Caseiros: Algún flan e os súbditos do Estado mentres pagan a contribución pra manter ós armeiros.

Catador: Especialista en averiguar qué productos enganarán mellor ó consumidor.

Ceo: Mina do crego e vertedoiro de lixo.

Certeza: Carencia de toda cabeza.

Chabolas: Palacios nos que a gran maioría nos rañámolas bolas.

Cidadán: Todo bicho vivinte incluído o verme.

Ciencia: Conxunto composto por fillos de Satanás, cuia operación consiste en deformar ou destruír o que é natural e fermoso co pretexto de facerlle un ben á humanidá.

Cirurxía: Non te fíes… aparenta oitenta, pero xa ten oitenta e un, a tía.

Civilizar: Desvirtuar o orixinal.

Comprender: É o verbo do imposible.

Comunista: Suprimindo propiedades privadas alleas é un artista.

Concellal: ¡Qué descanso que goberne a miña facenda este maioral!

Conciencia: Carencia da ciencia.

Condecoración: Observade o uniforme do xeneral don Florindo Borbón VIII… ¡e todas por levarnos ó matadeiro no nome de Deus e da súa nación!

Conexiño: Non nos descoidemos, os científicos xa non se conforman co ratiño.

Conferenciante: Baixa de aí e non sexas pedante.

Confesor: Elimina antes o teu mal olor.

Conmemoración: Marcha solemne con acompañamento de gaitas no recordo do héroe descoñecido que conseguiu salvar ó último chícharo, hoxe disecado no Museo de Legumes Naturais de Anatolia-Turquía.

Consentido: Neno consentido, home sen sentido.

Consumidor: Individuo pertencente a un clube con tantos asociados que xa non admite máis. Podemos clasificalos en tres grupos: o dos que consumen o que queren, o dos que consumen máis do que poden e o dos que non teñen qué consumir. Éstes últimos sofren menos.

Contranatural: Fillo de muller en versión cultural.

Conxéneres: O Presidente e o Vicepresidente.

Corenta: Non usan minisaia, pero por elas loitan máis de cincuenta.

Corpo: Materia usada pola alma para manifestarse.

Corrente: Se nos leva, afogaranos, e se nadamos na súa contra, afogaranos.

Corte: Con ela viven os reis, e nela, os porcos.

Cosmético: Artiluxio enganabobos e afeador de caras bonitas.

Cosmopolita: Confésase o autor desta cita.

Coste: Baixo o do allo e descomunal o do xeneral.

Crego: Bobo mais ou menos da miña estatura.

Críticos: Criticastros.

Cronoloxista: Hai un por aí, capaz de determinar sen marxe de erro o título nobiliario dun antepasado seu que viviu fai 4.000.000.000 de anos nun poboado ecoloxista.

Crueldá: Letra de cambio moi usada pola Humanidá.

Cuartel: Os anxos da morte hospédanse e estudan neste hotel.

Cultura: Tomo e tomo e a miña ignorancia non cura. Puta de mil usos e cultivos. Arma principal na loita de vanidás. Elementos artísticos que producimos. Continuará…

Cumpridores: ¿...Qué me dades se os sumo sen a calculadora? Sen contar, claro está, os recaudadores.

Decálogo: Do timo maior da Historia da Humanidá, lema e catálogo.

Decepción: Amarga impresión que sofre o adolescente ó coñecer ós país da Constitución.

Defensa: Ca súa mera existencia sangra a miña cabeza e a miña despensa. Continuará…

Deidá: De artistas e de césares é ésta esencia de divinidá.

Deificación: Conséguese ca votación.

Delebles: Son os nosos dereitos por emanar de humanos desfeitos.

Delgados: Estano quenes producen os alimentos dos deputados.

Demasiados: Fillos de Satanás e plásticos adornando prados.

Demencia: Triste calidá da señora Ciencia.

Democracia: Todo un capítulo lle dedicarei pola súa gracia.

Desacreditado: Home de Estado que perde o seu estado.

Desalento: Mal que non sofre o Parlamento.

Desautorizado: Pasadas as elecciós, o electorado.

Descenso: Inevitable viaxe para quenes conseguiron o ascenso.

Desconfianza: Condición necesaria para non ser devorados pola ordeanza.

Descornarse: Divorciarse.

Desdebuxadas: A Xustiza, a Ética e outras amadas.

Desempoada: Máis guapa e máis amada.

Desemprego: Un estado voluntario... O que sobra é que facer no Ateneo.

Desentendido: Móstrase o Partido cando a algún dos seus membros o collen desprevenido.

Desesperanzado: Quedouse o viúvo de Dona Esperanza.

Desfeitizado: Estao o tío Capistrano, que dende hai 39 anos ten o televisor avariado.

Desgobernados: Os congresistas e… ¡erguede a mau, espabilados!

Desnaturalizada: A famosa ovella, e dentro de nada, toda a manada.

Desorientador: Dise de quen, inspirado en occidente, imparte leccións sobre oriente.

Deus: Meu, amado meu, diñeiro meu.

Dexenerado: Todo o que regula un estado.

Dez: Menos 10, igual a 0. Este mesmo resultado obterémolo se a 10 enxeñeiros xenéticos lle restamos 10 enxeñeiros xenéticos.

Dezmo: Décima parte das mercadorías que se lle pagaban ó rei. ¡E pensar que hai tantos republicanos! ¡Viva o Rei!

Dia: 24 horas de 60 minutos cada unha. Existen uns 365 por ano, cuios nomes son: Día do neno e da nena do ollo, día do cumpreanos da espinaca, día de parto, día da medalla pequena do xeneral, día do ilustrísimo que foi degradado a cura raso por bicar á criada, día de elecciós para presidenta de amas de casa, día anubado, día de San Crispín, día da neve branca da Antártida (celebrarase mentres non se tinxa de vermello), día da independencia, para depender de outros, día descontado ós 3.000 anos de condena, día do cigarro sen filtro (só pra fumadores), día do televisor avariado (día triste), día do árbitro sen pito, día do ovo de avestruz, día da casca de noz (este día é máis curto que o día do ovo de avestruz, por ser máis pequeña a noz), día da noite (celébrase antes do anoitecer), día do Xacobeo por Internet (pódese celebrar na cama, sen sandalias nin bastón), día do deputado pra bicar ó neno, día de multas (ver calendario e suplemento), día da tía María, día do IVE e dos prazos do automóvil (este día é o máis esperado). ¡Apresúrense os interesados, que este ano só ten 365! Día de Santa Chapuza (celébrase tódolos días), día de elección de Miss Universo (preséntanse a concurso ó menos 17 billós de belezas provintes de tódalas galaxias), día de descanso do automóvil (celébrase a véspera das súas bodas de prata), día do paxaro bobo e do chorlito, que os celebran todos, día de descanso de misís (este día só se celebra en anos bisestos), e por último o DÍA FINAL (día de loito).

Difícil: Resulta conseguir ovos de curral.

Dilema: Votarlle ó destro ou ó zurdo, a mesma queima.

Ditadura: Forma de goberno que me gustará cando eu sexa o ditador e o cura.

Dito: Sen feito non hai treito.

Docente: Individuo que, mentres non coñeza o seu ser, só poderá ensinar o seu haber.

Dubidoso: Sen dúbida alguna, todo ser acuoso.

Ecoloxista: ¡Quítate da miña vista! Individuo que, sen ningún medio, protexe o medio, poñéndose no medio do que destrúe o medio, e o medio, convertindo o medio nun campo de batalla para deixalo antes medio destruido.

Educador: De orixinais desvirtuador.

Electorado: Acesorio do deputado señor amado.

Embargador: Non obstante, morre con embargo.

Enerxía: Forza que despregamos os meteoros cando alguén se caga na nosa tía.

Entendemento: Liga que nunca gañará o equipo do Parlamento.

Equivalencia: Igualdade entre a ciencia e a demencia.

Esaxeración: Amor eterno, sabiduría humá, auga potable…

Escola: Granxa de capadores e capados.

Esferas: Hainas altas e baixas. As altas son cadradas e… ¡coño!, ¡ainda rodan mellor!

Español: Natural de Unha, Grande e Libre.

Españolada: “Unha, Grande e Libre”.

Espectador: Desperta e faite xogador.

Estadista: Culpable. Para qué gastar tempo na vista.

Estado: Dedicareille todo un capítulo a este ser amado.

Estatificar: Pasar ó control estatal os últimos verbos libres…, amar, mexar e cagar.

Estereofonía: Estridente relieve acústico producido polos coros parlamentarios.

Etcétera: Voz empregada polo homo listo para dicir que inda sabe máis.

Eufemismo: Exemplo, “a terceira idade”. Se polo menos existise a carta…

Euforia: Sensación de benestar que ten a segunda idade ó saber que existe a terceira.

Eurodivisa: Divisa que non diviso.

Evaporímetro: Aparato para medir o tesouro evaporado.

Euxenesia: Mellora da especia ó reproducirse sen polvo.

Exaltado: Dise do director de orquestra que chega a crerse compositor.

Exaltar: Fabricar estrelas con seres humanos.

Examinando: A conciencia é a máis obstinada. Preséntase a exame case tódolos días dende fai 10.000 anos sen conseguir o aprobado.

Excrementar: Moi longo. Digamos cagar.

Excremento. Moi longo. Digamos caca.

Exculpar: De non culpar, non teriamos que exculpar.

  Hoy habia 3 visitantes (4 clics a subpáginas) ¡Aqui en esta página!  
 
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis