XONDO
  BIOGRAFÍA
 




     Xondo é autor de Belas Artes (pintura, escultura, debuxo, arquitectura, música, poesía e cine).







   Do Atlántico ó Pacífico, galerías, bibliotecas e museos principais
reciben de Xondo libros e obras da súa colleita.




Resumo biográfico sacado do libro Xondo mailo seu Desnaturalismo.


      Xondo, creador do Desnaturalismo, nace en Xondo – Touro (A Coruña). Participa ós dez  anos nun concurso de debuxo organizado en Vigo por unha Caixa de Aforros, e, ós dezasete, instálase en Barcelona. O panorama artístico desta cidade, unido a pequenas estancias en localidades francesas, Madrid, Figueras… conforman a súa vocación de pintor.

     Despois dun longo andar artístico, organiza en Girona unha exitosa mostra da súa obra, que lembra como a primeira exposición pública seria da súa carreira. Sobre ela poñen a súa atención tódolos medios informativos da cidade, rexistrando diversas críticas que podemos resumir en:

     Marta Déu e J.V.G.: “ Su obra evidencia su gran capacidad creativa en estilos muy distintos y exigentes. Nos muestra la base de una formación académica con una profundidad seria y consciente de quién sabe que el arte es ante todo trabajo”.

     Aluden, así mesmo, ás súas portentosas dotes de debuxante, e sinalan que “en las obras expuestas se detecta una intención de dejar la figuración para derivar en una pintura subjetiva, a caballo entre el idealismo y la imaginación, para crear nuevas formas visuales en las que la fuerza del color lo invade todo; y acaban asegurando que es un perfecto conocedor de las interioridades del mundo artístico, con un horizonte suficientemente amplio como para explicar el qué y el porqué de su pintura fundamentalmente bien hecha, cuidadosamente elaborada, y con una proyección que nos parece perfecta y nos abre interesantes horizontes a nuestras propias expectativas sobre la pintura”.

     Anos despois, escribiría Carmen Simón: “ En todas sus obras encontramos la esencia humana de la libertad, sin medidas ni coacciones, a pesar de estar apresados en la propia realidad. Los seres humanos en su debilidad hacen de Xondo un protector de su propia creación. Simboliza con billetes de banco auténticos –sin precedentes, por cierto, en la historia de la pintura- el mundo material unido por un cordón umbilical invisible al mundo espiritual, recreado a través de la maternidad o el cristianismo”.

     E Corral Díaz: “La obra de Xondo se concibe como una mirada a la libertad del ser humano. Cada observador verá en las diferentes verdades encubiertas, fruto de la experiencia del artista y de su imaginación, un momento de su propia vida. La interpretación y la valoración sólo pueden realizarse después de contemplar el total de la obra, sin prisa y con delicadeza”.

     Estas últimas palabras tamén retratan o Xondo actual que inda afirma que nin as máis belas ideas lle merecen respeto se escravizan ó individuo o máis mínimo, e que a súa obra é o manifesto de sí mesmo. Sintetiza o seu primeiro periodo cronolóxico nunha obra titulada “Terceira Idade”, dun debuxo inmellorable  –esta obra será poxada máis tarde pola sala Durán de Madrid, cando o seu autor apenas conta con trinta anos. Este acontecemento, unido a outras obras que catalogará posteriormente na mesma sala Durán, a sala Berlowitsch, etc., recórdao Xondo coma un “case nada”, ó ver o seu nome impreso co de Rivera, Picasso, Dalí, Goya, Laxeiro…

     Alterna novas exposiciós en Barcelona e provincia con pequenas estancias en Madrid , que utiliza para estudar mellor as técnicas dos barrocos e os impresionistas.

     Corre o ano 1984. No Liceo de Ourense realiza a súa primeira e longa serie de exposiciós nas provincias galegas. Esta vez mostra un paquete de técnicas mixtas –con billetes de banco auténticos, que se saiba, usados por primeira vez formando parte da composición. Con istas obras simboliza as preocupaciós materiais en fusión coas espirituais.

     Alvarado escribiría: “…en donde un dibujo basado en el simbolismo y la abstracción recuerda a los primeros maestros del abstracto”.

     Esta producción xerou unha serie de polémicas e incidentes, que imos reservar para unha biografía máis extensa.

     Este mesmo ano instálase en Madrid co propósito de coñecer  ata o derradeiro segredo que gardan as técnicas de Velázquez. Problemas económicos impóñenlle novamente (para subsistir, en ocasiós recorre ó teatro) a realización dalgús retratos -esta vez, a famosos artistas do espectáculo-, así como o estudo do pobo maragato, para logo pintalo en teas de gran tamaño e con execución libre. Este encargo faillo Don Evaristo García para exhibilo nunha sede administrativa que inaugurarán os reis de España, posuídores tamén dun cadro do noso xa renomeado artista –iso si, só nalgús círculos nos que a él lle convén selo. A fama defínea Xondo como “unha peste que, inevitablemente, acaba atrapando a tódolos que olfatean o seu territorio”.

     Durante un tempo, un bo número de embaixadores e altos funcionarios absorven parte da súa obra, propiciándolle desta maneira a súa distribución por numerosos países dos cinco continentes, ó tempo que lle brindan plataformas de exposición nas capitais déstes.

     No 1986 observa na súa pintura un afloramento de formas ríxidas, reflexo do agobio que lle produce o dinamismo urbano. De seguido, remedia este mal trasladándose á Coruña para construír, cas súas propias maus e sen ninguha experiencia, a casa taller que hoxe habita, situada nun monte de Malpica.

     Entre 1986 e 1996 realiza unha obra pletórica, surrealista, chea de simblolismos e romanticismos, cunha mancha deliciosa. Títulos desta etapa son: “Elementos”, “Xogo de damas”, “Naufraxio”, “Tempestá na Costa da Morte”, “Gaivotas” , “Marcha do xantar”, “Arca de Noé”, “Rapto”, “Galicia”, “Adán e as súas Evas”, “Frutos de aquí  para eternidá”, “Creación de Eva”  e un longo etc. –o seu análise ocuparía volumes. Esta producción exhibiuse en varias cidades galegas e en Londres, e en exposiciós privadas en cidades españolas e europeas.

     Dende hai uns anos, nun solitario proceso evolutivo, configura unha obra puramente xondiana, cun estilo innovador, impulsivo e vital, que convertirá a súa obra en paradigma do novo arte.  Polos seus caracteres, o autor decide rexistrala como “Desnaturalismo”, xa que os seus protagonistas reflicten a metamorfose ou, nalgús casos, a extinción á que están destinados os seres animais debido á acción do depredador rei, que é o home. Observándoa, encontrámonos a soas cun novo mundo visual, creado por el, no que non hai modelos apriorísticos nin épocas ideais a imitar. O artísta excédese na súa obra, de aí a grandeza e xenio deste galego universal.

     É admirable a firmeza coa que executa, sen debuxo previo, as súas curvas encadeadas e xustapostas, texendo unha especie de seres cibernéticos, metálicos e humanos ó mesmo tempo, como se quixera mostrarnos un retrato do home do futuro, usando un cromatismo sen concesiós ó meramente bonito, pero que pon de manifesto os seus dotes de colorista –cunha mancha libre e precisa-, e de debuxante de xuízo perfecto. As súas xeniais creaciós atopounas no seu propio ego e na introspección da súa alma, que, a maneira de espello, reflíctelle parte da alma universal de tódolos homes e os comportamentos que xeran as paixós que nela se relacionan. É ista unha obra propia dun artista tremendamente inventor, moderno e intemporal, apaixoado e temperamental, intimista, xenio diferente, de personalidá arroiadora, artista referencial para iniciar, sen máis disgregaciós, o discurso plástico ata a modernidá.

     A nova obra mostrouna persoalmente, e con resultados impactantes, en América do Norte: Washington, Nueva York, Chicago, Los Ángeles, San Francisco, San Diego, Las Vegas, Oakland, Nueva Jersey e Dallas. Posteriormente, viaxou con ela a Venezuela e Colombia. En Europa, mostrouna nos países nos que xa era coñecida a súa obra anterior: España, Reino Unido, Francia, Italia, Bélxica, Portugal... A última mostra pública veuse en Galicia no Parador Nacional Mosteiro de S. Estevo de Ribas do Sil.

     Bibliográficamente, a súa obra figura en moitas publicaciós artísticas e enciclopédicas coma a “Gran Enciclopedia Galega” , varias casas de subastas ben coñecidas...

     No ámbito literario, escribeu un ensaio en crave de chanza , e poesía, do que algunhas guicholas aparecen publicadas en libros de arte.

 


 
  Hoy habia 1 visitantes (1 clics a subpáginas) ¡Aqui en esta página!  
 
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis